...das minhas cousas

 


van duas horas máis aló da media noite. no meu horizonte cercano distínguense unha lata de anchoas e pan medio roido. no aire viciado do cuarto,o fume dun non-cirrago místurase cos ecos coreanos que chegan da tv e cas onomatopeias da maquinaria do meu bandullo a dixerir peixe salgado. un te quente abrásame a gorxa. é o intre imperfecto para que aconteza algo extraordinario e peculiar, un imposible probable.

por exemplo, que o fume do sonos convírtase nunha brétema densa e xélida, que agocha as badaladas erráticas dunha campá anunciadora de cemiterio de pequenas embarcacións; e outras naves marítimas. alí, nunha rocha pulida e esvaradiza, fría coma ferro xélido e que foi esculpida pola indiferencia do destino, afógome na desesperación dun tempo que non avanza e que me perpetúa no porto dos vivos á espera do derradeiro tránsito.

ou, que por exemplo, o pan roido saia desprendido en pequenas miguinhas da man da Park Shin-hye, nametres graba a derradeira escena do drama que está a rodar nun pequeno parque en Gagnman. o frío baixo cero que asedia Seoul cada inverno é o único que se interpón entre ámbalos dous. ela óllame con esa face que provoca sonos e tenrura. eu olloa sorprendido, intenso, a tremer de frío. imaxino que se acerca e abrázame para darme calor. e faino, si. acércase preto de min, deposita ós meus pes un billete de 50000wons(40e) e marcha asustada dos meus gallumbos longos e o polar cheo de miguinhas de pan que esvaraban polos seus dedos un anaco antes.