...das minhas cousas

 


A espiral evolutiva á que está sometido o ser humano, levao a avanzar sen descanso cara o seguinte chanzo da súa metamorfose. A onde vai, cal é a fin e outras moitas preguntas, non tenhen resposta ou, simplemente, carecen de ela. O único claro e verídico é que queramos ou non, evoluimos cara o desconhecido. As particularidades que rixen este movemento uniforme e imparable, chamámolas “casualidades” ou, máis románticamente, “destino”.

Pois así, cruzando sen querer polo asfalto de destino, vinme cara a cara, ollares enfrentados, co seu xinete. Foi un intre, un chiscar do tempo tan miudo que parecera como que non tivera acontecido, pero si! alí estaba eu, de volta na salita logo de falar por teléfono e coller unha laranxa na cocinha. Agarrei o cable do cargador, afianzandoo polo microusb e levandoo diretamente a insertarse na pel da laranxa. Conectei ca evolución, fun a súa ferramenta nun dos seus experimentos proba-error. Foi un erro, non funcionou pero igual podería ter sido que si e a ‘citroeléctricidade’ sería un avance para a especie.

De calquer xeito, éxito ou non, fun utilizado sen sabelo, sen ser consciente foi desgarrada e violada a minha liberdade de acción. Sentín a tirantez dos fíos do titiriteiro modelando o meu albedrío.